sábado, 18 de marzo de 2017

CONTACONTOS DE... "CANCODRILO"

Este venres unha gran sorpresa chegou o noso cole, Sabela Gago de Sarabela teatro da man do concello trouxo a Cancodrilo para que todos o coñecéramos. Unha sesión chea de imaxinación e alegría que os nenos gozaron moito. Contando os contos todos xuntos os nenos e nenas de catro e cinco anos puideron pintar, limpar e lavar as mans, ver como nacen as froitas e verduras e divertirse cunha sesión de contacontos diferente. As profesoras tamén o pasaron moi ben estas experiencias enriquécenos a todos. Por iso moitas grazas Sabela. Estarás sempre invitada a traernos máis días divertidos como o de hoxe. Aquí podedes ver algúns destes momentos máxicos.


 Para despedirse aínda nos fixo un regalo maior una semente da imaxinación que poderemos plantar e regar (lembrade fuuuu fuuuuu sen auga de verdade). Coidarémola e farémola crecer moito. Quen sabe, con sorte Cancodrilo poderá aparecer escondido entre as follas da nosa planta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario